mércores, 15 de abril de 2020

IMOS DE PESCA


Para realizar este xogo precisamos unha tina con auga, gomiñas de cores, un dado de cores e outro de números ou puntiños e unha cana (a cal nos fixemos caseira cun pau, un limpapipas e un clip na puntiña).
O xogo consiste en que tire os dous dados e pesque tantas gomiñas como indica o dado da cor que nos di.
Con esta actividade, ademais de xogar cos números e o conteo, potenciamos a psicomotricidade fina e a precisión, así como as cores.
Cando a mente se divirte aprende mellor!!🥰💪

Ningún comentario:

Publicar un comentario