mércores, 15 de abril de 2020

DESCOMPOÑEMOS NÚMEROS


Por unha banda, amosamos unha casiña de descomposición que temos no chan, feita con cinta aillante de cores, que nos permite xogar con materiais máis grandes para manipular (poderíase elaborar tamén nun papel e empregar materiais máis pequenos como fabas, lentellas, palillos...). Esta actividade consiste en escoller un número e buscar todas as posibilidades de descomposición do mesmo. Cos máis pequenos/as traballamos do 1 ao 10. Coa casiña sempre se traballa a suma.
Na outra imaxe podemos ver un sol de descomposición, que se emprega cos números máis grandes e xa en papel. Anotando todas as posibilidades que se nos ocorran para a descomposición do número (poden xurdir sumas, restas, multiplicacións, divisións, potencias...).

Ningún comentario:

Publicar un comentario