INICIÁMONOS NA ESTADÍSTICA
Esta actividade sacámola da páxina "Conmamiaprendo", e pareceunos xenial para iniciarnos na estadística cos máis pequenos.
A estadística axúdanos a analizar e resumir a información e a cantidade de datos que nos rodean, para poder comprendela, interpretala e empregala.
Dende infantil debe traballarse con feitos significativos ou da propia vida diaria da nosa casa.
No noso caso, empregamos verduras para realizar esta proposta.
Primeiro, clasificamos as verduras e colocámolas no cadro de barras.
Logo, puxemos papeis de cores en cada casilla segundo a cantidade, formando as barras.
No seguinte cadro fixemos conteo cos depresores e ubicamos o número que correspondía.
Por último, verbalizamos e interpretamos o feito. Por exemplo: que hai máis, menos ou que temos igual. Cantas patacas nos faltan para ter igual ca tomates, cantos tomates hai que quitar para ter igual ca cebolas. Canto falta en cada verdura para que todos tivesen igual...
O máis importante de este método é que as nenas e nenos manipulen e comprendan todo o que nos lles plantexamos, que resolvan experimentando e comprobando por eles mesmos, que vaian máis alá do mero grafo do número.
Espero que disfrutes aprendendo😊💪👏
Ningún comentario:
Publicar un comentario