domingo, 19 de abril de 2020

PIRÁMIDES NUMÉRICAS

Outra actividade que se realiza no método abn son as pirámides numéricas. Con elas practicas as sumas dun xeito diverdido. Nas imaxes podedes ver as instruccións de como se levan a cabo. Soense facer en papel, pero nos hoxe realizámolas coas construccións, para darlle un toque máis lúdico (empreguei un rotulador normal para escribir os números, xa que ao ser pezas plásticas bórranse cunha toalliña).
Como podedes ver na segunda imaxe comezamos coa base da pirámide, imos realizando as sumas e completando coa peza correspondente, ata chegar á punta da pirámide.
Como podedes ver canto máis ampla sexa a súa base e máis grandes sexan oa números da base, faranse sumas máis complexas. Adaptando sempre á idade das pequenas e pequenos.









Ningún comentario:

Publicar un comentario