Representamos en cartolina as nosas mans e poñemos en cada dedo unha boliña de chicle, celo, goma ou algo q pegue.
Con elas podemos practicar as sumas ata 10, o conteo e a identificación das grafías dos números.
É un material moi sinxelo de crear e ao mesmo tempo moi útil, xa que as nenas e nenos visualizan a cantidade en primeira persoa, porque comezan realizando a suma nos seus propios dedos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario