Esta semana tivemos unha grata visita no noso centro...
Estivo con nos Modesto, un rapaz que traballa como intérprete de signos con persoas xordas.
Meste caso, acompañouno tamén un dos seus alumnos, Jonattan, cos que pasamos momentos moi divertidos ao mesmo tempo que interesantes.
Puidemos ver como os/as nenos/as amosaban moitas curiosidades, a través de tódalas preguntas que lles fixeron. Ademais, Modesto realizou con cada curso diferentes xogos de interpretación mediante os signos ou o alfabeto dactilolóxico.
Unha experiencia moi estimulante e positiva para todos!! Moitas grazas por acompañarnos neste día Modesto e Jonattan.
A continuación, deixámosvos un pequeno video co resumo desta experiencia:
Ningún comentario:
Publicar un comentario