O 30 de Xaneiro festéxase o día da Ilustración, efeméride coa que a Consellería de Cultura pretende potenciar este arte e situalo no lugar que lle corresponde.
Por iso, este luns decidimos festexalo coa presenza dun gran ilustrador como é Pablo Otero "Peixe".
Temos que dicir que xa o coñecíamos anteriormente, debido ao traballo espectacular que acaba de facer na nosa biblioteca. Creou para os nosos peques un espazo de diversión, misterio, espectación, curiosidade... Tanto mestres coma peques pensamos que é un lugar que nos leva a curiosear, imaxinar, crear, soñar...
É MÁXICO!
Para darlle máis visión á súa obra, así como para desfrutar e valorar o día da Ilustración, Pablo compartiu con nos toda a mañá deste luns. Falou curso por curso da súa experiencia, de como vive a arte e como chega a expresala. Deixou que os propios nenos e nenas se expresaran artísticamente sen ordes, sen límites, debuxando e "artisteando" o que eles querían necese momento.
Foron sesións cheas de coñecementos moi sabios. Por iso, so podemos agradecer toda a súa dedicación e o cariño que amosou para o noso alumnado.
Grazas Pablo por deixarnos
desfrutar do teu talento!
Ningún comentario:
Publicar un comentario