domingo, 21 de marzo de 2021

TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN EMOCIONAL!

 Chegados a este punto do ano, queremos recopilar nesta entrada, todo o traballado no 2º trimestre con respecto á...

    EDUCACIÓN EMOCIONAL

A aprendizaxe social e emocional é o proceso a través do cal os nenos/as e adultos adquiren e aplican efectivamente os coñecementos, actitudes e habilidades necesarias para entender e manexar as emocións, establecer e lograr metas positivas, sentir e mostrar empatía polos demais, establecer e manter relacións positivas e tomar decisións responsables.

Comezamos lembrando os OBRADOIROS SEMANAIS con ROCÍO, nos que traballamos aspectos tan importantes como: a resolución de conflitos, pensamentos, buscar a calma, que temos que cambiar?...


Grazas Rocío por todo o que fas por nos!

TRABALLAMOS A LINGUA DE SIGNOS

Recibimos a visita de MODESTO, intérprete de lingua de signos, con un dos seus alumnos, JONATTAN. 
Neste día, descubrimos o gran interese que amosan os nenos/as por esta lingua e todas as curiosidades que fomos descubrindo.
Así, en diferentes aulas do centro seguímolo traballando en aspectos como: cantigas, na propia asemblea cos seus nomes, facendo adiviñas de animais....
No seguinte vídeo amosamos un pequeno resumo do noso día con Modesto e Jonattan.

Grazas pola vosa colaboración e por incrementar o noso interese cara a aspectos tan importantes!

DÍA DA PAZ

O día da paz festexámolo por todo o alto, creando un flashmob en lingua de signos da canción "Eso que tu me das" de Jarabe de Palo. Aquí volo deixamos para que o desfrutedes.

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER AO VÍDEO OU NO SEGUINTE ENLACE:
OU COPIE NO SEU NAVEGADOR A SEGUINTE DIRECCIÓN:
https://www.kizoa.com/Movie-Maker/d355122007k6375726o1l1/ESO QUE TU ME DAS

Grazas a todos e todas os que o fixestes posible!! Por suposto, non podemos quitar mérito ao traballazo das mestras Estefanía e Lía e a gravación por parte de Marcos Conde. 
MIL GRAZAS!!

ROSALÍA DE CASTRO

Con Rosalía iniciamos a nosa andadura cara o 8M. Recordamos o importante que foi para a nosa historia e para a nosa loita de poder e reivindicación como muller.


Queremos amosarvos primeiro unha das súas cantigas máis importantes, neste caso, ilustrada polos nenos e nenas de Educación Infantil.

En todas as aulas se realizaron diferentes traballiños que amosamos nunha serie de imaxes a continuación:




Na aula de 5º de Primaria tamén se animaron a recitar algúns dos seus poemas.


E tamén se realizaron recitados de poemas nas horas do almorzo e do comedor:



O propio 24 de febreiro, na sua honra, realizamos unha serie de probas no circuíto de orientación permanente. Probas creadas por as tres nenas de 6º de Primaria, grazas por todo o traballo e esforzo. Agora amosámovos neste vídeo un resumo desta xornada.


CELEBRACIÓN DO 8M

Durante toda a semana adicámonos a realizar diferentes cousiñas sobre o 8M. É algo que intentamos traballar a diario, pero que nestas datas se subliña aínda máis.

Nas aulas de infantil traballouse dende o aspecto das MULLERES MÁIS IMPORTANTES DA NOSA VIDA, onde os nenos e nenas explicaban por que son tan importantes para eles e elas.

En 1º e 2 levaron a cabo un proxecto moi chamativo titulado "PROXECTO BATA".

Durante esta semana, tamén tivemos a sorte de desfrutar dun obradoiro de Rocío para traballar a violencia de xénero, o respeto, a liberdade... que realizou curso por curso. 
E entre todo o cole, aportamos diferentes batas, mandís, ... que decoraron o noso centro con mensaxes moi importantes.


UN TRIMESTRE CHEO DE APRENDIZAXES SIGNIFICATIVOS!

Ningún comentario:

Publicar un comentario