domingo, 21 de febreiro de 2021

Sensibilizámonos no día Internacional do Asperger

 


Comezamos o día cun obradoiro de Rocío que nos axuda a sensibilizarnos e a comprender ás persoas que teñen Síndrome de Asperger.

Todos os cursos, por separado, pasamos pola biblioteca onde puidemos ver un conto e algún vídeo, onde unha persoa con este Síndrome nos conta a súa experiencia.

Logo, dialogamos e reflexionamos sobre o que nos facía sentir, como nos parecía o que víamos e escoitábamos, que podíamos facer nos...




Ademáis coñecemos diferentes famosos que teñen este Síndrome:



GRAZAS ROCÍO, UNHA VEZ MÁIS, POR TRANSMITIRNOS TANTA SENSATEZ E SENSIBILIDADE!

Pola tarde, tivemos unha grata e moi ansiada visita! Unha antiga alumna, Maruxa, visitou o noso centro para vir a presentar, nin máis nin menos, que o seu primeiro libro!!

Unha pequena de 12 anos cunha gran imaxinación e chea de vitalidade e alegría, e tamén unha nena con Asperger.

Veu moi ben acompañada pola súa nai Margarita, por Manuel Fontemoura, o seu editor e máis o seu fillo Bieito, que tamén ten Asperger. Ademais de presentar o seu libro, contáronnos mil aventuras e anécdotas que fixeron a nosa tarde do máis entretida e interesante.

Millóns de grazas por todo familias!! 

Agora amosámosvos a presentación da nosa tarde en tan boa compañía:


GRAZAS DE TODO CORAZÓN!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario