A pesar de que para nos a semana do libro son todas,
nestes últimos días, con motivo do DÍA DO LIBRO o 23 de ABRIL, levamos a cabo tres actividades baseadas en contacontos.
A primeira, fixémola na biblioteca do concello, onde aos máis
peques nos leron o conto de "uñas de colores" e os maiores
desfrutaron da lectura do Quixote, aínda que tamén tiveron pintada de unllas.
A segunda actividade foi unha súper contada por parte de FRAN,
todo un especialista en chegar ao corazón dos máis peques e grandes cos contos.
Escoitamos coas orellas ben grandes, vimos cos ollos ben abertos
e movémonos ao ritmo da súa música.
Por último, acompañáronnos a lavandeira e o monxe medieval de Xeitura!!!
Explicáronnos os orixes da escritura dun xeito moi animado. Faláronnos do papel de coiro, os diferentes xeitos de obter tinta, deixáronnos escribir con pluma....
Todos os grupos realizaron a actividade, na que practicaron sobre os papiros como se escribía con pluma e tinta. Todo un éxito!!
Amosámosvos un pequeno resumo da nosa experiencia:
POR FACERNOS DESFRUTAR DOS CONTOS. ENSINÁRNOLOS COMO PARTE DA NOSA VIDA, DOS NOSOS SOÑOS, DA NOSA FANTASÍA, UNHA PARTE IMPORTANTÍSIMA DOS NOSOS DÍAS.
Ningún comentario:
Publicar un comentario