O noso cole participa no programa Aliménta-Te Ben, que incide nos hábitos alimentarios do alumnado co fin de paliar os efectos negativos para a saúde das nosas nenas e nenos.
Dentro deste programa estamos inmersos nunha das súas modalidades que leva por título "Ti si que es un bo peixe", que ten un dobre obxectivo de facilitar o coñecemento dos produtos do mar de Galiza (orixe, obtención, pesca,...) e de promocionar o seu consumo entre as nenas e nenos de Galiza.
Así, esta semana recibimos a visita dun pescador e unha científica que nos ensinaron moitas cousas sobre diferentes peixes, como se pescan, que vitaminas aportan cada un deles, onde os podemos atopar... e remataron cun baileciño que nos fixo menear o esquelete!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario