luns, 14 de xuño de 2021

VISITA DA ASOCIACIÓN BATA

Tivemos a visita dalgún dos integrantes da Asociación Bata. Persoas comprometidas en xerar oportunidades e apoios, que promoven a inclusión para a consecución dunha plena calidade de vida, que desenvolven intervencións eficaces axustadas ás capacidades, necesidades, expectativas e intereses de cada persoa, valorando tanto os seus puntos fortes como os apoios e recursos que precisa...

Isto mesmo quixérono transmitir a cada un dos nosos nenos e nenas cunha charla a través de imaxes e exemplos.

Grazas por transmitir toda a vosa sabiduría con nos e por facer ver ao noso alumnado a importancia da inclusión e o respeto.



Ningún comentario:

Publicar un comentario