Comezamos con forza o novo curso escolar!!
Nesta semana, unha das actividades que levamos a cabo veo da man do "Sabor está no mar".
Dende os máis pequerrechos ata os máis maiores, levamos a cabo diferentes actividades por estacións de xogo, de entre os cales realizamos os seguintes:
- Aprendemos a pescar e a escoller que peixes debemos liberar.
- Convertémonos en mariscadoras, medimos cunchiñas e escollemos os mellores para a lonxa.
- Fomos mercar á lonxa.
- Clasificamos animais mariños segundo a zona na que viven (nas rochas, na area da praia, na superficie mariña ou no fondo mariño).
- Os maiores desfrutaron dunha viaxe ao fondo mariño coas gafas de realidade virtual.
Para rematar, tivemos un almorzo mariño moi equilibrado.
Deixámosvos un resumo de toda a xornada no seguinte vídeo. Desfrutade tanto coma nos!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario