domingo, 3 de outubro de 2021

VENDIMAMOS!!!

Nas aulas de infantil comezamos o curso investigando sobre a vendima e todo o que conleva: uvas, racimos, cubas, capachos... en todos os aspectos (lecto-escritura, mates, psico, observación, linguaxe oral....).

Comezamos a través dos sentidos: miramos, tocamos, ulimos, probamos, exprimimos cos dedos....


Despois dunhas semanas moi interesantes, experimentando e aprendendo moitas cousa, chegou a festa final! A FESTA DAS UVAS (como lle chaman eles ^^). A continuación amosámosvos como foi!!

Seguimos os seguintes pasos:

1º Collemos as uvas que estaban colgadas.

2º Tirábamolas dentro dos capachos (cada un o correspondente á súa clase).

3º Uha vez recolectadas todasas uvas, cantábamos a cantiga da festa nunha ronda:

O xogo do viño consiste en pisar

as uvas maduras que hai no lagar

as piso, as piso e as volvo a pisar

as uvas maduras que hai no lagar.

3º Pisábamos as uvas para facer así MOSTO.

4º Pasábamos á cadea de lavado e secado de pés 😂


 Agora amosámosvos a nosa rondiña do xogo do viño!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario