Outra semana cheíña de boas actividades!
Comezamos a semana cunha exposición para todo o centro sobre unha das actividades extraescolares ofertadas: CAPOEIRA.
Todas xuntas no patio desfrutamos e participamos en diferentes exposicións. Ademais tivemos a un mestre marabilloso como foi Roi, compañeiro da aula de 4º de primaria.
A continuación amosámosvos algunhas fotos sobre a sesión:
Por outra banda, os nenos e nenas de 3º e 4º remataron a semana cunha actividade organizada polo Concello, dentro do programa "Ler Conta Moito", que se denominaba CIENCIA DIVERTIDA. Dita actividade foi presentada por Gemola científica. Todo un pracer desfrutar dela e dos seus experimentos.
A continuación presentámosvos un vídeo- resumo da nosa experiencia:
Ningún comentario:
Publicar un comentario