Érase unha vez.... un día cheo de troula... no que festexamos o MAGOSTO!
Podemos dicir que a troula está presente no noso día a día, pero neste caso... MÁIS!
Durante a mañá levamos a cabo diferentes estacións de xogo e actividade, polas que ían pasando os alumnos e alumnas organizadas por aulas. As actividades foron as seguintes:
1. ALFARERÍA: na que levaron a cabo uns cadros de barro que decoraron con letras, formas, debuxos,...
2. GANCHILLO: tivemos unha masterclass de ganchillo da man da nosa coidadora Sandra.
3. CONTADA da man de Manuel Fontemoura e PRANTACIÓN dun castiñeiro co profe Víctor.
4. CIRCUÍTO de orientación elaborado polo profe Fran e os seus alumnos/as de 6º de EP, na que nos dispuxemos a seguir as pistas polo centro e polo seu exterior, para obter unha frase.
5. CESTERÍA: entre todo o alumnado do centro, levaron a cabo un cesto xigante, que empregaremos para o almacenaxe de materiais.
Desfrutamos de todas e cada unha das propostas, ao mesmo tempo que aprendemos un montón de cosas sobre diferentes profesións artesanais.
Amosamos nun vídeo un pequeno resumo do noso día!
No medio do día fixemos unha pequena paradiña para encher os bandullos coa sabrosa comida que nos tiñan preparada.
O día rematou con diferentes xogos tradicionais que podedes ver no vídeo!
Moitas grazas a todas as persoas colaboradoras, por facer dun día normal, un día tan marabilloso!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario