O día 22 de novembro está adicado aos músicos e músicas!
Nesa semana, tivemos o pracer de recibir a visita no noso centro de María Mendoza, unha gran compositora que vive na nosa provincia.
Todas as aulas poidemos desfrutar da súa música, realizando diferentes actividades moi interesantes:
- Levamos a cabo debuxos imaxinando o que ela tocaba no piano.
- Fixémoslle moitas preguntas curiosas.
- Improvisamos tocando con ela.
- Escoitamos diferentes pezas creadas por ela.
A continuación amosámosvos dous vídeos das súas improvisacións:
GRAZAS POR TODO MARÍA MENDOZA!! VOLVE PRONTO!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario