sábado, 29 de outubro de 2022

No Samaín todo pode acontecer....!!

 Abrimos a nosa semana de Samaín meténdonos de cheo na nosa cultura da man de Iseo a Moura, cunha contada espectacular que levaba por título "De cea cos defuntiños".



No vídeo podedes ver unha pequena mostra do marabillosa que é Iseo mesturando historia e música! 

Mil grazas por estar sempre con nos e deixarmos pampas e abraiadas!




Agradecer tamén ás familias por colaborar coa tradicional exposición de cabazas! 

Logo de votar a semana decorando aulas, corredoiros, pavillóns, portas... de tematizar os nosos traballos de aula no Samaín, chegou o ansiado día:

FESTEXAMOS O SAMAÍN!

Comezamos cun almorzo moi terrorífico grazas a Marisa e os seus axudantes: as galletas de Marisa! pero sen faltar detalle, con formiñas de morcegos, pantasmas,...



Durante o almorzo, e sen esperalo ninguén, puidemos desfrutar dunha charanga moi ben formada, que nos deleitou cunha marcha fúnebre.


Moitas grazas aos seus integrantes por todo o empeño que puxeron e o ben que nolo fixeron pasar:
Álvaro, Artai e Lucas de 5º de primaria
Anaïs de 4º de primaria
o profe Marcos de música
e Abelardo, avó de dous alumnos do noso cole
Temos que confesar que o almorzo rematou con moita marcha😂😂🎺🎺

E para rematar esta entrada, teño que mencionar o que máis desexa a nosa cativada: as ESTACIÓNS DE XOGO TERRORÍFICAS!
Iste ano levamos a cabo 9 rotacións:
- Conto tenebroso, da man de Manuel, o noso profe de teatro.
- Tumbas musicais e a caixa misteriosa, onde tiñan que buscar entre cousas asquerosamente espeluznantes as letras e números de Samaín 2022; da man do profe Víctor e a profe Eva.
- Bailes terroríficos, da man do profe Marcos.
- Traballos manuais embruxados por parte do AFA Arnoia.
- Xogos monstruosos da man do AFA Arnoia.
- Un obradoiro de maquillaxe que levaron a cabo integrantes do Anpa Padre Crespo.
- Tradicional xogo de color as mazás coa boca sen empregar as mans; por parte de Javi.
- Busca de letras para montar unha mesaxe secreta, empregrando lanternas, xa que todo estaba a escuras. Coa colaboración do profe Carlos e a profe Miriam.
- Por último, tiñamos a posta do pavillón grande, onde estaba o profe Fran e os alumnos/as de 6º de Primaria. Todo o pavillón se converteu nun Castelo medieval tenebroso, onde tiñan que atora 4 pantasmas e conseguir unha chave para liberar á Bruxa do Norte. Pero non sería tan sinxelo, xa que o Castelo estaba ocupado polo imperio azteca, por Drácula, os vikingos, os representantes de Xapón; e deberían atravesar o cemiterio medieval. 

Temos que dicir que todo traballo tivo a súa recompensa e, que sen todos e todas as que colaboraron non sería posible. Agradecer todo o esforzo e ganas postas neste día!

Rematamos co vídeo das diferentes estacións de xogo acompañados da música de Samaín de Uxía Lambona:

1 comentario: