Despois de repoñer pilas do Samaín... chegou o ansiado MAGOSTO!
Para o seu festexo levamos a cabo a rotación por diferentes obradoiros e propostas de actividades relacionadas coa temática do magosto, traballos tradicionais, ao mesmo tempo que reflictimos o aprendido no noso proxecto trimestral da Idade Media e incidimos na importancia da igualdade!
Por grupos, fomos desfrutando das diferentes propostas no transcurso de toda a mañá:
1. CONTACONTOS sobre a tradición do Magosto da man de Manuel, o noso profe de teatro.
2. PRANTACIÓN de castiñeiros coa axuda do noso profe Víctor. A continuación podemos ver un video resumo da actividades.
3. GANCHILLAMOS con Sandra!
4. Dous dos obradoiros relacionados cos traballos tradicionais que realizamos foron de Alfarería e Cestería. Neles levamos a cabo actividades funcionais: na alfarería creamos figuras para decorar a nosa árbore de nadal; mentres que na cestería construímos un pequeno refuxio ou cabana para jogar no patio.
5. CONTADA de Uxía Morán pola Igualdade. Contos marabillosos a través de verbas fantásticas, con dinámicas espectaculares.
6. TORNEO MEDIEVAL: encabezados polo profe Fran e coa axuda de tod@s @s mestres do centro, programamos e elaboramos diferentes xogos relacionados coa idade media como:
- CASTApulta derriba o castelo.
- Pintanimais.
- Lances medievais.
- Tiro con arco.
- Carreira de escudos.
- Estoupa globizos.
E por último, e non por iso menos importante, a famosa PAPAROTA DO MAGOSTO: empanadas, churrasquiño, chourizo, bica e castañas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario