domingo, 27 de novembro de 2022

25 de Novembro + Sesión de Micoloxía

Rematamos esta semana traballando a importancia da concienciación sobre o 25N, Día contra a Violencia de Xénero.

Logo de falar do tema en moitas ocasións, e máis intensamente durante esta semana (curtometraxes, contos, debates, ...), o venres levamos a cabo dous obradoiros tematizados niste tema:

Por un lado, o noso profe de teatro realizou unhas pequenas representacións nas que os autores reflictían situacións da vida real sobre a violencia machista (sobre todo verbal e psicolóxica). Así, os peques de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria convertéronse en actrices e actores un día máis, para teatralizar ditas situación. 

Por outra banda, desfrutamos un venres máis dos talleres de Rocío. E nesta ocasión, nos cursos máis baixos, propúxonos unha actividade onde os pequenos e pequenas sacaban diferentes palabras dun saquiño e tiñan que representar o seu significado. Logo, clasificábamos ditas palabras se eran violencia ou non. 

Nos cursos altos, pediulles que buscaran palabras ou expresión que usaran/escoitaran diariamente nas que o xénero feminino sexa visto negativamente (por exemplo: "ser unha nenaza", "chorar como unha nena"...). Co seu posterior debate.

Deixámosvos un video resumo destes dous obradoiros que nos deixaron moito para reflexionar. E que ao mesmo tempo nos fixeron ver todo o que levamos avanzado. Mil grazas Rocío e Manuel por toda a vossa dedicación e todo o que transmitidas!!


A maiores, tivemos a sorte de contar con Alejandro Minguez, un experto micólogo ourensán do que desfrutamos todo o día:

- Deunos unha pequena charla por aulas sobre a importancia das setas.

- Saíu con nos polo bosque en busca de setas e foinos explicando o seu nome, as súas propiedades, cales eran tóxicas, etc.

- Axudounos a realizar unha gran exposición de todas as especies que recogemos.

Dita actividade abriuse para as familias pola tarde!


EXPOSICIÓN:







MOITAS GRAZAS A TOD@S POLA COLABORACIÓN E A ILUSIÓN DEPOSITADA NESTAS ACTIVIDADES!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario