venres, 10 de xullo de 2026

FESTEXANDO AS CONMEMORACIÓNS

 1º TRIMESTRE


Festexamos o 25N dun xeito moi especial!! Despois dunha contada marabillosa con Uxía Morán, realizamos unha manulidade co eslogan:

"QUE NINGUÉN CORTE AS TÚAS ÁS"



 2º TRIMESTRE

Comezamos co Día da Paz, onde todo o centro preparou uns avións de papel moi especiais: con mensaxes de PAZ.
Logo, por clases, fomos ao pavillón, onde lemos cada unha das mensaxes e fixemos ler os nosos avións.


Seguimos un trimestre moi completo, festexando o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, da man de Lorena e Laura cun taller de fíos.



A nivel de aula tamén creamos diferentes retratos de Rosalía e un mural cooperativo de toda a etapa de infantil.



Logo chegou o 8M da man de Uxía Morán e unhas propostas moi divertidas!



E a tan ansiada
SEMANA DA PRENSA:







3º TRIMESTRE

Comezamos coa SEMANA DO LIBRO, que dende infantil convertemos en mes do libro grazas as contadas marabillosas que nos fixeron as familias.




E rematamos o mundo das conmemoracións coas
LETRAS GALEGAS:
Para o seu festexo comezamos cun gran circuito de orientación no que tiñamos que conseguir un gran crebacabezas; e tamén creamos un gran mural cooperativo entre todo o ciclo de infantil.



Ningún comentario:

Publicar un comentario