mércores, 15 de abril de 2020

XOGAMOS CON TAPÓNS


Hoxe reciclamos tapóns! Podemos adaptar este xogo ó nivel no que se atopen as nosas pequenas e pequenos.
Nós por un lado fixemos un no que temos que asociar a grafía do número coa cantidade (no caso de facer puntiños aconsello comezar colocándoos na mesma posición que aparecen nos dados, xa que a memoria visual das nenas e nenos fará que conten máis rápido chegando a asimilar a cantidade de súbeto).
Por outra banda, creamos o mesmo pero con sumas. Poderíase facer tamén con restas, asociación de cantidade mediante debuxos, emparexamentos de formas... Todo o que conleve conteo e asociación é factible!
A pasalo ben se dixo!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario