mércores, 15 de abril de 2020

PALABRAS AMIGAS DO 10

Unha proposta que nos gusta moito e que x apracticamos varias veces é esta mestura de letras e números. Neste caso xogamos cos nosos nomes.
Para iso, creamos esta cuadrícula que horizontalmente ten q ter 10 cadrados, practicando así os amigos do 10.
O que temos que facer en primeiro lugar é escribir a palabra que queiramos (podemos facelo cos nomes, froitas, animais, vehículos, etc). No cadrado esquerdo anotamos cantas letras ten dita palabra e logo contamos cantos cadrados quedan en branco, para saber así cal é o seu amigo do 10.
Por exemplo: a palabra Gato (escribimos a palabra no centro)ten 4 letras (anotamos o 4 no cadriño da esquerda). Logo contamos os que quedan en branco (neste caso 6). Finalmente anotamos no lado dereito a suma que nos queda (4+6=10).
Todas darán 10, xa que estamos xogando aos amigos do 10😁
Deste xeito estamos axilizando o noso cálculo mental ao mesmo tempo que practicamos a lecto-escritura.
A divertirse toca!!💪

Ningún comentario:

Publicar un comentario