Entroidiño
querido!! que ben que chegaches!! e a pesar de todo o que iste maldito virus
está a facer coas nosas festas, non podemos deixar de festexarte!!
Foi unha semana de troula tras troula, pero da que nos enchemos de cultura e tradicións.
Espero que desfrutedes desta
entrada, tanto como eu ao facela. Comezamos…
"MÉRCORES FARELEIRO"
Entre carreiras, risos, saltos, salpicaduras e unha bruma branca, enchemos o pavillón do noso concello de fariña. Déixovos un pequeno vídeo para que desfrutedes.
“XOVES OLEIRO”
Despois de recuperar os folgos perdidos o mércores; chegamos ao xoves, día que comezamos cun obradoiro de olas de barro (o cal iniciáramos no magosto), onde pintamos as olas feitas anteriomente.
E por fin chegou o gran día…
Comezamos o venres cunha actividade moi dinámica e motivadora: o circuíto de orientación permanente. No cal deberíamos buscar as diferentes letras (postas en linguaxe de signos) que formaban a palabra CARAVIRUS.
Grazas ás rapazas de 6º!! que fixeron un traballazo na súa organización!!
Xa
chegada a hora de comer desfrutamos dun gran cocido!!
Ademais, deixámosvos unha proba máis do ben que o pasamos!!
E xa para rematar esta entrada, compartimos con vos o posado entroideiro de cada aula!
Ningún comentario:
Publicar un comentario