SEGUIMOS CON ACTIVIDADES!!
Neste caso, participaron a aula de 6º de Infantil e todos os cursos de Primaria.
Unha actividade de movemento que fixo que nenos, nenas, mestres e mestras moveran o esquelete para deletrear o seu nome. Dita actividade levouse a cabo en colaboración co Concello de Xunqueira de Ambía, dentro do programa "Ler conta moito".
Non podemos amosárvolo doutro xeito que non sexa con imaxes. Poderedes ver que o demos todo!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario